« Atrás
Share

08.03.2014

Cata de Calificación da Colleita de Ribeira Sacra 2013

Cata de Calificación da Colleita de Ribeira Sacra 2013

Nun marco incomparable, na Igrexia San Vicente de Pombeiro, en Pantón, celebrouse a Cata de Calificación da Colleita de Ribeira Sacra 2013.

A veira do Río Sil, nunha pendente, atópase esta Igrexia románica do s. XII y s. XIII, que xa foi mosteiro no s. X., e antigamente o "porto das pombas" cando navegaban embarcacións polas rutas comerciáis. Templo rodeado de vides na procura do río.

No seu interior, arropábanos un fermoso retablo renacentista-barroco, do s. XVII cunha policromía de cores tan vivas que iluminaban a austeridade do lugar .

A cata deu comezo as 12:00 hs, do 28 de febreiro do 2014, Venres de Entroido. O panel de Cata o formaban 10 viños tintos, onde os 6 primeiros ainda estaban "en rama".

Na fase visual, xeneralízase as cores brillantes cereixa e amorodo con ribetes morados, púrpuras e violáceos, cunha capa media-baixa. Presentan un denominador común, unha estructura cromática lixeira. E isto xustifícase polo mal tempo que sufriu a comarca, resultando na colleita unha floración tardía retrasando a maduración dos froitos e a vendima, dúas semanas máis.

No nariz, a potencia aromática caracteriza tódolos viños, con alta intensidade e moi afroitados, dando amoras, arándanos, grosellas, careixós... E vexetáis, coma a silveira; e sobresaíndo nalgúns alta mineralidade, reflexo do terruño.

Na boca son viños frescos e con estructura, con invasión de sabores, redondos e equilibrados, con libros fináis deixando boas experiencias... Son harmónicos e elegantes e indican lonxevidade pola sua boa conxugación de acidez, tanicidade, de alcohol e dos compostos fenólicos.

A miña conclusión é que a Colleita 2013 é Moi Boa! Os viños da Ribeira Sacra berran con forza a tipicidade e a bravura da terra onde medran, a maxia que deriva do misticismo dos templos que percorren a comarca, e o poder que mostran as vides nos socalcos pois para podelas traballar, case hai que venderlles a ialma para poder obter os seus dones...

Viños que deixan pegada e que un ano máis andarán nos cumes dos mercados nacionáis e internacionáis.

 

TEXTO: Laura Gaoiso