« Atrás
Share

19.10.2015

Xornada: Tendencias actuais en viticultura

Xornada: Tendencias actuais en viticultura

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en colaboración coa Universidade de Vigo (UVIGO), está levando a cabo un estudio comparativo entre produción ecolóxica e convencional nas distintas denominacións de orixe de viños de Galicia, facendo fincapé no rendemento, diversidade de lévedos e características químicas do mosto e viños.

Con esta xornada preténdese revisar as distintas tendencias en viticultura e a súa viabilidade en Galicia e expoñer os resultados do proxecto “Potenciación da viticultura ecolóxica en Galicia” sobre produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais de mostos e viños procedentes da produción ecolóxica e convencional.
Máis polo miúdo os obxectivos que se propoñen son:

1. Revisar as tendencias actuais en viticultura e a súa viabilidade en Galicia
2. Presentar resultados sobre a produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais dos viños en viticultura ecolóxica e convencional.
3. Dar a coñecer experiencias de produtores galegos que utilizan distintas técnicas de produción.
4. Probar viños de uvas cultivadas baixo as distintas modalidades de produción.

 

Máis información en:

http://evega.xunta.gal/xornada-tendencias-actuais-en-viticultura-viabilidade-do-cultivo-ecoloxico-en-galicia/