« Atrás
Share

29.08.2013

PROBA E SABOREA DO NOSO

PROBA E SABOREA DO NOSO

Os nosos asociados de Gallaecia, PEDRO SESTAYO, o mércores en Lugo e o xoves en Ribadeo, ALEJANDRO LÓPEZ, colaboraron con esta campaña de Proba e Saborea do Noso. Proba e Saborea do Noso en Ribadeo, 28 e 29 de agosto A Asociación Galega de Viticultura presenta unhas Xornadas co título de "Proba e Saborea do Noso" que forman parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, que tamén teñen lugar en Allariz, Santiago, Vigo, Lugo e Ferrol. Estas Xornadas abordarán o mundo das nosas producións agroalimentarias con calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que impoñen os ciclos económicos actuais. Cada vez hai máis conciencia da dimensión "intanxible" das empresas produtoras e transformadoras do sector primario. Os viños puxeron en escena ás Denominacións de Orixe e que se estenderon ao resto de producións autóctonas; mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detrás dun establecemento de hostalería ou turismo rural? Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés, cobra forza as ideas de eficiencia, cooperación e sinerxia; os produtos presenta unha faciana comercial e estética nas súas etiquetaxes, nas presentacións publicitarias multimedia, nas feiras, nos mercados, na nube dixital...mais tamén encarnan o sentido das paisaxes, das pedras, do noso patrimonio milenario, da historias das súas xentes. Se o sentido do consumo en abstracto non pode estar unicamente determinado pola necesidade inmediata de nutrise, e que tamén inflúen os sentidos e emocións de cada persoa. Por iso resulta lóxico encadrar as propostas de expansión da nosas fileiras agroalimentarias e gastronómicas na suma da globalidade dos nosos elementos de proxección e atracción. Xa non ten ningún sentido, por exemplo, falar dun viño calquera das nosas Denominacións de Orixe sen apelar ao contexto eterno das terras e persoas, ou dos seus roteiros para viaxeiros e visitantes. Disto tentaremos falar, debater e degustar en Ribadeo, achégate... Colabora: Concello de Ribadeo, Praza de Abastos de Ribadeo, Asociación Gallaecia de Sumilleres e a Federación Rural Galega Cofinancia: Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente e Alimentacion; FEADER (Europa Inviste no Rural) e a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.