27.04.2016
TUNEL DE VIÑOS PREMIADOS NO CENTRO DO VIÑO 2016
Durante a xornada do vindeiro sábado 30 de Abril, na Vinoteca do Centro do Viño, teremos a ocasión de probar libremente máis de unha ducia de viños premiados na Feira do Viño de Amandi, os premiados na Feira do Viño de Chantada, ademáis de viños premiados en outros concursos nacionáis e internacionáis.
Os participantes poderán catar todos estes viños dende as 12 do mediodía ata as 2 da tarde e dende as 5 da tarde ata as 8, contando con asesoramento profesional. Unha oportunidade única de facer un percorrido sensorial polos viños galardonados da nosa Denominación de Orixe, por un precio simbólico de 4€. As degustacións serán gratuítas por compras superiores a 20€.