05.09.2018
Lista de viños e destilados premiados nas Distincións Gallaecia 2018
O Concurso de Viños “Distincións Gallaecia”, organizado desde hai 20 anos pola Asociación de Sumilleres de Galicia, deu a coñecer este martes os viños e destilados premiados en 2018.
Nesta edición participaron 645 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia. Así mesmo montáronse 16 paneis de cata conformados por 48 catadores de toda Galicia, acompañándonos tamén catadores de Madrid, Castela León, Cataluña e Reino Unido. As Distincións Gallaecia están consolidadas como un dos concursos de viños máis prestixiosos de España.
En total 101 referencias (68 viños e 33 destilados) foron distinguidas na edición das Distincións Gallaecia 2018. Nos viños 47 foron tintos e 21 brancos. A DO máis premiada foi a de Rías Baixas (21 distincións), seguida do Ribeiro (15), Valdeorras (13), Ribeira Sacra (11) e Monterrei (8).