23.03.2022
Nova Directiva Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
Boas a tod@s.
No trascurso do I Salón Revera Vinum celebrado esta semana en Santiago de Compostela no Hotel Monumento San Francisco(e dito de paso, cunha fantástica organización e que seguro quen pasou por alí gozouno) celebrouse, ademais da cata para Distincións Gallaecia 2022 de augardentes e licores de Galicia, a Asamblea Xeral de Gallaecia na que se elixíu a nova directiva, que, por unanimidade, quedou co organigrama preestablecido do seguinte xeito:
Presidencia: Pedro T. Sestayo Riveiro
Vicepresidencia: Natalia Cid Mayo
Secretaría: Javier Facal Domínguez
Tesourería: Julio M. Blanco Cotelo.
A nova directiva consideramos que Gallaecia necesita cambios para afrontar os próximos anos e cremos que ca nosa dirección os afrontaremos para facer unha asociación máis de tod@s, máis forte e máis accesible nun sector que a situación actual demostrou que é cambiante e en constante movemento.
Esperamos que os próximos anos, con cambios ,que pretendemos realizar naqueles aspectos que creemos necesarios, e reforzando aqueles que xa son a base fundamental de Gallaecia como as Distincións Gallaecia, consigamos unha asociación máis funcional e que navegue con decisión nos tempos presentes.
Esperamos estar á altura dos 25 anos que Gallaecia está a celebrar neste 2022.
En breve, mandaremos novas.
Sen máis, reciban un cordial saúdo.
PEDRO T. SESTAYO RIVEIRO
Presidente Gallaecia